Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

Odo bayeux tapestry.png

O Tapiz de Bayeux, tamén coñecido como o Tapiz da raíña Matilde, e aínda antes como "Telle de Conquest " (por "tea da Conquista") é un bordado (antes "tapiz de puntos con agulla") do século XI, inscrito dende 2007 no rexistro Memoria do mundo pola UNESCO.

Describe feitos acontecidos dende finais do reinado do rei de Inglaterra Eduardo o Confesor en 1064 até a batalla de Hastings en 1066, na que estaba en xogo o trono de Inglaterra, contestado a Harold Godwinson por Guillerme, duque de Normandía. Nel detállanse os eventos principais da batalla; o resultado desta determinou a conquista normanda de Inglaterra, mais case a metade das escenas relatan feitos anteriores á invasión en si mesma. Ao parecer foi encargado por Odo de Bayeux, medio-irmán de Guillerme, e realizado no transcurso dos anos seguintes á conquista.

Aínda que moi favorable a Guillerme o Conquistador, ata o punto de ser considerado ás veces como unha obra de propaganda, ten un valor documental inestimábel para o coñecemento do século XI normando e inglés. Dá información sobre vestimenta, castelos, navíos e as condicións de vida naquela época. Neste aspecto, constitúe un dos raros exemplares de arte románica profana.

Conservado ata o final do século XVIII no Tesouro da catedral de Bayeux, librouse por pouco da destrución durante a Revolución francesa. Agora pódese ver no centro Guillerme o Conquistador, enteiramente dedicado a el.

Sobre Galicia

Florencio Delgado mural en Córgomo.jpg

Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Encargouse da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 tendo en conta catro aspectos fundamentais: a súa obra poética, catro libros con diferentes rexistros; a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro; as terras de Valdeorras, coa súa cultura, tradicións, patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua; e o entusiasmo, a colaboración e a demanda explícita que as institucións e as xentes dos concellos e as asociacións de Valdeorras lle transmitiron á Academia.

Tal día coma hoxe no ano...

Manuel Murguía
Hoxe é o Día das Letras Galegas, o Día de Internet e o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.

Imaxe do día

Praia Area Grande 02-01 O Grove.jpg
Praia Area Grande, no Grove
Vexa o artigo praia

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 126 177 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 263 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento